A recensión propón unha interpretación do libro como un escenario de loita entre os tradicionais motivos de vida e morte. Neste contexto, saliéntase o motivo da estatua como síntese simbólica dunha serie de tensións identitarias articuladas arredor do corpo e da lingua (tamén do silencio e da morte, polo tanto). Coméntase tamén como a construción do eu lírico evolúe no poemario dende o distanciamento a unha identificación non exenta de ironía, sen obviar deixar tamén pegadas dunha toma de postura ética e ideolóxica.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org