Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Alúdese á visión pesimista da vida que ofrece a obra de Rosalía de Castro e que supón unha actitude dentro dunha ideoloxía. Para Catherine Davies o pesimismo así entendido pode enfocarse como unha expresión estética ou como unha interpretación do mundo por parte do escritor (como individuo ou como inmerso nun contorno social). 

Dado que, a partir da obra e da correspondencia, se insiste na análise do pesimismo como psicoloxía inconsciente de Rosalía, Davies considera imprescindible buscar datos extratextuais co obxectivo de relacionar pesimismo con conciencia colectiva. Isto, precisamente, é o que pretende a autora do artigo: comprobar que a ideoloxía de Rosalía está dentro da corrente liberal progresista-radical do século XIX. Neste sentido, será o fracaso desa corrente a que explicaría o pesimismo tardío da poeta.

A continuación, a estudosa repasa a introdución do progresismo radical en España, cuxo apoxeo foi a revolución de 1868, para poder contextualizar a vida e a obra de Rosalía. Este percorrido permítelle distinguir tres períodos na vida da poeta: mocidade, anos optimistas con Murguía e década final de soidade e desilusión.

 
davies_1986_rosalia.pdf (.pdf 0.9 Mb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org