Reseña da investigación de Celia M. Armas sobre as escritoras galegas na década de 1860, da que se di que é fundamental para coñecer o estado de campo do momento e desterrar falsas preconcepcións ao respecto. Anótase que dá noticia de moitas escritoras das que a historia literaria non gardou memoria e que das outras, das que si o fixo, como Rosalía, amosa a manipulación da súa obra en relación coa ideoloxía que se achegue a elas. Rebátese a correspondencia de mulleres escritoras coa poesía e varóns coa prosa que defende a investigadora e, finalmente, denúnciase o esquecemento destas mulleres fronte á importancia que tiveron na súa época.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org