Alúdese ao libro Inéditos de Rosalía no que se inclúe un capítulo relativo á colaboración de Rosalía de Castro co seu home e aos orixinais rosalianos de temática folclórica cedidos pola súa filla ao autor do traballo.
Xoán Naya considera que o máis relevante da poeta está nos textos tomados da lírica popular, refire as posibles fontes lusitanas que puideron inspirala e exemplifica a través dunha cantiga.
Por último indícase que Manuel Murguía, tamén interesado na musa popular, puido incitar a familia á recolección deste tipo de textos.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org