O artigo propón unha interpretación hermenéutica da poesía rosaliana centrada na análise das figuras estéticas por medio das cales se levan a cabo os procesos de constitución dun suxeito agonal. Así, a cuestión da identidade céntrase no tema da orixe. As sombras como figuración da alteridade relaciónanse co motivo do "ben perdido". E tamén o acto da escrita se concibe e se representa de xeito agónico. A análise destes elementos permítelle ao autor do artigo validar a súa hipótese de partida, que propón superar a tradicional distinción entre poesía rosaliana subxectiva e obxectiva para vela como unha autora que reflicte xa plenamente a crise moderna da representación.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org