Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Regueiro, Arturo L. (2011)
"Val do Sarela"
3 minutos e 30 segundos





Descrición: Interpretación do poema inédito "Val do Sarela", de Arturo L. Regueiro. Gravación: Chapela (Redondela), marzo 2011. Voz: Luís G. Cuntín. Petit Swing / Harry Navisson Band: Víctor Sánchez (clarinete), Cabe García (guitarra), Óscar Painceiras (contrabaixo), Miguel Lamas (batería). Equipo técnico: Roberto Lamas (son), Emilio Sestelo (iluminación), José Ángel Font (produción), Gus Abreu (realización).

Tipo de video: Vídeo creación

Fonte: YouTube

Metadatos: Regueiro, Arturo L.; Galiza Cajun; Cuntín, Luís G.; Petit Swing / Harry Navisson Band; Abreu, Gus; Lamas, Roberto; Sestelo, Emilio; Font, José Ángel.

Observacións:

VAL DO SARELA

No val do Sarela da man
desas fillas e desas netas de dubresas
de cadeira fértil e bailadora,
de ollos verdes coma fiunchos,
azuis coma o mar da Arousa,
coa pel branca do pan trigo,
de pencas reidoras.
Nós, eses nenos moinantes
coma o pan de broa,
con ollos de terra labrada,
secos como as queirugas.
Zoan foguetes, zoupan pandeiros,
meu curmán tira un par
de pitillos sen filtro,
imos xogar a ser homes.

 

(Inédito)

 

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org