Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Descrición: Antoloxía conmemorativa do vixésimo quinto Festival da Poesia no Condado, convocado sob o lema "Sem as mulheres nom há revoluçom", e celebrado os días 2 e 3 de setembro de 2011 en Salvaterra de Miño. Ana Romaní asina o prefacio do volume, nun texto de feitura poética que diagrama as liñas básicas do seu pensamento feminista. A nómina de poetas participantes é a seguinte: Andrea Nunes Brións, Claudio Pato, Iolanda Aldrei, Lorena Souto, Manuel Darriba, María do Cebreiro, María Rosendo, Paula San Vicente, Séchu Sende e X. M. Álvarez Cáccamo (Galiza) e Catarina Nunes de Almeida (Portugal). Nadina Bértolo foi a encargada do deseño do libro.

Metadatos: Festival da Poesia no Condado; Romaní, Ana; Nunes Brións, Andrea; Pato, Claudio; Aldrei, Iolanda; Souto, Lorena; Darriba, Manuel; María do Cebreiro; Rosendo, María; San Vicente, Paula; Sende, Sechu; Álvarez Cáccamo, Xosé María; Nunes de Almeida, Catarina; poesía e compromiso; poesía e política; poesía e feminismo; SCD Condado.

Observacións:

O equipo de poesiagalega.org fai constar o seu agradecemento á Sociedade Cultural e Desportiva do Condado, pola súa disposición e axuda para a incorporación a este repositorio dixital de distintos materiais relacionados co Festival da Poesia no Condado. Para a incorporación deste volume de 2011 foi imprescindíbel tamén a colaboración de Nadina Bértolo.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org