Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Descrición: Escolma conmemorativa do XIX Festival da Poesia no Condado, celebrado en Salvaterra de Miño en setembro de 2005, co lema "Salvemos os ríos". O prefacio do volume, asinado por Manuel Soto Castiñeiras, desenvolve distintos argumentos a prol da defensa da riqueza hidrográfica galega e realiza unha síntese da súa presenza na literatura e no folclore . A nómina de poetas participantes é a seguinte: María Comesaña, Bernardino Graña, Mário Herrero, María do Carmo Kruckenber, Antón Lopo, Luz Pozo Garza, Alfonso Pexegueiro (Galiza); José Viale Moutinho (Portugal); Íñigo Arambarri e José Luis Otamendi (Euskadi); María Cabrera (Paises Cataláns). O deseño do volume correu por conta de X. Carlos Hidalgo Lomba.

Metadatos: Festival da Poesia no Condado; Comesaña, María; Graña, Bernardino; Herrero, Mário; Kruckenberg, María do Carme; Lopo, Antón; Pozo Garza, Luz; Pexegueiro, Alfonso; Viale Moutinho, José; Otamendi, José Luis; Arambarri, Íñigo; Cabrera, María; poesía e compromiso; poesía e política; poesía e oralidade; SCD Condado.

Observacións:

O equipo de poesiagalega.org fai constar o seu agradecemento á Sociedade Cultural e Desportiva do Condado, pola súa disposición e axuda para a incorporación a este repositorio dixital de distintos materiais relacionados co Festival da Poesia no Condado.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org