Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Alonso Montero, Xesús (1991)
"Prólogo" [ao libro de Fernando Bel Ortega Vida e obra de Francisco Añón, 1991]
En Fernando Bel Ortega.
Vida e obra de Francisco Añón: pp. [sen paxin.
A Coruña: Fundación Barrié de la Maza.

Alonso Montero salienta a pertenza de Francisco Añón aos precursores, ademais de sinalar o papel de Manuel Curros Enríquez na súa recuperación. A continuación, alude á importancia do libro de Fernando Bel Ortega porque subsana lagoas existentes arredor de Francisco Añón, sobre todo aquelas relativas á súa biografía (presenza en Portugal e en Sevilla) e ao seu corpus poético.

A pesar de botar en falta un maior estudo lingüístico e ecdótico da obra de Añón, o prologuista considera que o traballo de Bel Ortega permite ler e situar a obra do coruñés no Prerrexurdimento.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org