Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Regueiro, Arturo L. (2011)
"Azul"
2 minutos e 46 segundos





Descrición: Interpretación do poema "Azul", pertencente ao libro Galiza Cajun (2009), de Arturo L. Regueiro. Gravación: Chapela (Redondela), marzo 2011. Voz: Luís G. Cuntín. Petit Swing / Harry Navisson Band: Víctor Sánchez (clarinete), Cabe García (guitarra), Óscar Painceiras (contrabaixo), Miguel Lamas (batería). Equipo técnico: Roberto Lamas (son), Emilio Sestelo (iluminación), José Ángel Font (produción), Gus Abreu (realización).

Tipo de video: Vídeo creación

Fonte: YouTube

Metadatos: Regueiro, Arturo L.; Galiza Cajun; Cuntín, Luís G.; Petit Swing / Harry Navisson Band; Abreu, Gus; Lamas, Roberto; Sestelo, Emilio; Font, José Ángel.

Observacións:

AZUL

Recuperar o azul
e habitar a cacofonía da chuvia nas Alpujarras.
Que lonxe! Inverness, Granada e o silencio,
esta idade descoñecida do veciño silencio,
ese curmán que non esquece que foi o primeiro
en bicar os nosos labios nun verán
que xa é un carolo no océano.
Recuperar o azul
cando o tiña todo
o blues e a vida
e ollaba o mundo con acenos estraños e inxenuos
e tecía os días con fíos indios.
Que o azul fenda a memoria
co estrondo da chuvia nas Alpujarras,
que ceibe as bicicletas cheas de ferruxe
e abra a fiestra ao sol duro,
que bata na balorenta superficie dos cadros
onde crías amar o meu corpo e a voz de Bessie Smith.

 

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org