Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Baixeras, Xavier R. (2001)
"Leito sen voz [3]"
30 segundos





Descrición: Gravación pertencente ao volume Poetas e narradores nas súas voces, coordinado por Luísa Castro e publicado polo Arquivo Sonoro de Galicia (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2001).

Tipo de son: Audio creación

Formato: mp3

Fonte: Consello da Cultura Galega

Dereitos: Consello da Cultura Galega

Observacións:

 

LEITO SEN VOZ (iii)

 

Acumúlanse nos alicerces, duradoiras, perpetuas. Flúen no labirinto dun epílogo incerto.

En ningún caso vingativas.

O tempo non nos vinga, só repara e oculta.

Así, na nosa historia, o corazón dos fuxidos foi un tubérculo baldío, unha raíz aflicta. E os mortos só regresan moi de cando en vez, nunca ocupan. E o verdugo, folgado, bebe nese corgo.

 

[De Eclipse (2001)]

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org