Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Baixeras, Xavier R. (2001)
"Leito sen voz [1]"
37 segundos



Baixeras_2001_leito.mp3 (.mp3 296 Kb)


Descrición: Gravación pertencente ao volume Poetas e narradores nas súas voces, coordinado por Luísa Castro e publicado polo Arquivo Sonoro de Galicia (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2001).

Tipo de son: Audio creación

Formato: mp3

Fonte: Consello da Cultura Galega

Dereitos: Consello da Cultura Galega

Observacións:

 

LEITO SEN VOZ (i)

 

Rebolada, Pombal, lugares que herdei para escarnio das augas: superpóñense, ínzanse de uñas.

Avantan silandeiras, non preguntan.

Nelas veñen os rostros dos que as encanaron e deixaron medrar, dos que non poden axudarme. O sorriso da fuíña, a onda de cada inmolación.

Salferidas de cicatrices, augas xa exhaladas nun deserto aplacado.

Sumidas no reflexo do que non podo abandonar.

 

[De Eclipse (2001)]

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org