O autor explica a súa intención de referir os núcleos temáticos máis relevantes de Follas novas e En las orillas del Sar para, así, demostrar que os dous poemarios son froito dunha única inspiración activada polos "pensamentos negros" ou "pensamentos de ás negras".
A continuación Xosé Luís Sánchez Ferraces analiza con detalle os sete núcleos que afloran neses libros: a vida como un inferno de penas, o tempo rillando a vida, o odio á memoria sombría, a pobreza coa súa única salvación na emigración, a dúbida relixiosa e a perda da fe, a morte agardada ou o soño do non ser e, finalmente, a tentación do suicidio.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org