Logo de ubicar brevemente o labor poético do grupo Ronseltz, do que Cordal formou parte, a recensión propón unha interpretación de Afásia como unha glosa, irónica e distanciada (isto é carente de lamentos de orixe autobiográfica), da incomunicación que dificulta a comunicación literaria. A tensión poética agroma logo do paradoxo de levar a lingua ata os seus límites (os da propia capacidade de comunicar) para constatar o seu non sense nun mundo que ao poeta-notario se lle revela como afásico.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org