Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Maniféstase que as historias da literatura española non atenderon á diversidade lingüística nin aos autores rexionais. Por esta razón Richard Cardwell pretende demostrar a importancia de Aires da miña terra de Manuel Curros Enríquez por canto adianta técnicas e preocupacións supostamente importadas a España de Francia a través de Latinoamérica. Para iniciar o seu propósito, Cardwell analiza o contido de Aires... e céntrase naqueles poemas cuxa temática son os males sociais e o intenso lirismo. No seu achegamento, o estudoso mostra a coincidencia, en moitos textos, do comentario social co sentimento interior.

Conclúese incidindo no papel desempeñado por Aires... e polo seu autor que, como Rosalía de Castro e o seu Cantares gallegos, pertenceu aos que revolucionaron as literaturas nacionais e anunciaron o florecemento finisecular coñecido como "modernismo" e "xeración do 98".

 
cardwell_1990_curros.pdf (.pdf 1.5 Mb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org