Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Descrición: Escolma conmemorativa do XI Festival da Poesia no Condado, celebrado en Salvaterra de Miño o 12 de outubro de 1991. O prefacio do volume vai asinado por Manuel María co título "Semente de pregón ou prólogo -como se prefira- pro Festival de Poesia de Salvaterra de Miño ou do Condado". A nómina de poetas participantes é a seguinte: Xosé María Álvarez Cáccamo, Manuel María, Xosé Luís Méndez Ferrín, A. R. Reixa, Manuel Forcadela, Rafa Vilhar, Bernardino Graña, Lino Braxe Mandiá, Miguel Anxo Fernán-Vello, Margarita Ledo Andión, Xela Arias, Xavier Rodríguez Baixeras e Darío Xohán Cabana (Galiza); José Luís Otamendi e Íñigo Arambarri (Euskadi); Xulio Ricardo Trigo (Paises Cataláns); José Viale Moutinho, José Emílio - Nelson e Francisco Duarte Mangas (Portugal). O deseño do volume correu por conta de Pepe Carreiro.

Metadatos: Festival da Poesia no Condado; Álvarez Cáccamo, Xosé María; Manuel María; Méndez Ferrín, X. L.; Reixa, Antón; Forcadela, Manuel; Villar, Rafa; Graña, Bernardino; Braxe, Lino; Fernán-Vello, Miguel Anxo; Ledo Andión, Margarita; Arias, Xela; Rodríguez Baixeras, Xavier; Cabana, Darío Xohán; Otamendi, José Luis; Arambarri, Íñigo; Trigo, Xulio Ricardo; Viale Moutinho, José; José Emílio - Nelson; Duarte Mangas, Francisco; poesía e compromiso; poesía e política; poesía e oralidade; SCD Condado.

Observacións:

O equipo de poesiagalega.org fai constar o seu agradecemento á Sociedade Cultural e Desportiva do Condado, pola súa disposición e axuda para a incorporación a este repositorio dixital de distintos materiais relacionados co Festival da Poesia no Condado.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org