Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

López, A. R.; Dopico, M. (coords.) (2010)
"Novoneyra en cores"
Galicia Hoxe. "Revista das Letras": 820, (13/05/2010). pp. 1-12.

Reprodución facsimilar dunha edición manual das traducións ao galego que fixo Uxío Novoneyra da poesía de Mao Tse Tung nos anos oitenta. Este material foi conservado por Xosé Beiroa e destaca pola presenza da cor, abrindo unha dimension cromática pouco coñecida no autor. Ademais inclúe tres caligramas tracexados por Uxío Novoneyra xunto a tres dos seus poemas mecanografados.

O equipo de poesiagalega.org deixa constancia do seu agradecemento ao Grupo Correo Gallego e en particular a Caetano Díaz, director de Galicia Hoxe, por facilitaren a reprodución deste e doutros números de "Revista das Letras". O agradecemento diríxese tamén a Antón R. López e Montse Dopico, coordinadores do suplemento, e faise extensivo aos xornalistas, técnicos e colaboradores do mesmo.

Bibliografía secundaria sobre:
Novoneyra, Uxío; Mao Tse Tung.
 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org