Tras a análise do contido do poema "O encanto da pedra chan" (Follas novas) en relación coas lendas populares, indícase a problemática do texto ao tratarse de poesía subxectiva.
Para Claude H. Poullain, lonxe daqueles que o valoran simbolicamente, no poema de Rosalía de Castro habería unha personalización do asunto a través da descrición de Galicia e do tratamento de temas e conceptos característicos da poeta. O estudoso considera que eses elementos redundan nunha dimensión existencial e filosófica propios dunha alma atormentada.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org