Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Salgado, Ana (2011)
"Ana Romaní: 'Estremas fala da usurpación dos discursos, da linguaxe, dos corpos'"
Protexta: 17, pp. 14-17.

Entrevista a raíz da publicación de Estremas (Galaxia, 2010), quinto libro de poemas de Ana Romaní. Incorpora fotografías de Mario Llorca e un breve apuntamento crítico de Helena González en torno ás marcas da narración, a historia, o arquivo, a violencia, o silencio e o clamor.

Ana Salgado presenta unha serie de cuestións sobre o proceso da autora como poeta, a súa formación lectora, as marcas de xénero na escrita, as converxencias xeracionais e doutros tipos, o activismo, o oficio radiofónico, o movemento feminista e a súa renovación, o corpo, a linguaxe, a fisicidade e a organicidade do texto, os temas poéticos, a performance e outras; se ben o sector máis amplo da entrevista está dedicado ao libro Estremas e ao seu lugar no conxunto da obra de Romaní. A poeta interpreta que o seu libro está cruzado por unha reflexión sobre as identidades en procura e sobre a construción do eu individual e social que se rebela. Á vez recoñece que Estremas dista de ser o volume previsíbel vinculado a unha forma de escribir. O libro resulta neste sentido unha tentativa, unha especie de reconsideración e de autoanálise impautada, libre, efectuada non só encol dunha traxectoria persoal senón tamén arredor dos efectos estéticos e políticos da poesía escrita por mulleres, en particular a partir dos anos 90. Con isto último enlaza a cuestión da recepción lectora e crítica, que adoitaría tender á uniformización e á homologación, con prexuízo especial para a obra literaria asinada por mulleres, por canto totaliza e reduce o espazo da individualidade e da diferenza subxectiva entre as autoras. 

 

 

 
salgado_2011_romani.pdf (.pdf 500 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org