Nesta conferencia pronunciada na Real Academia Galega o 25 de outubro de 2001, Manuel Forcadela achégase á poesía de Xosé Luís Méndez Ferrín, considerada como unha das obras poéticas máis importantes da literatura galega contemporánea. Neste texto analízase a súa emerxencia, dentro do Grupo Brais Pinto e da Escola da Tebra, vinculados xeracionalmente á chamada Xeración das Festas Minervais, a súa evolución, superando a vella polarización entre o realismo social e o culturalismo evasivo, e as súas características, ao tempo que se ofrecen novas categorías para repensar o labor creativo dun dos escritores galegos vivos máis valorado.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org