Os coordinadores fan unha presentación dos caligramas de Uxío Novoneyra, labor que o poeta comezou a explorar mediados os anos sesenta en contacto directo con Reimundo Patiño e que continuou poñendo en práctica durante o resto da súa vida. De feito, foi o propio pintor quen propuxo etiquetar dese xeito esta parte da produción poética de Novoneyra. Este prefería falar de "mecanografismos". No texto que precede a selección, Antón Patiño introduce outro termo, "ergografías", por constituíren estas propostas unha especie de "escritas do corpo". A escolma compila obra de diferentes etapas e incorpora ademais varios caligramas inéditos.
O equipo de poesiagalega.org deixa constancia do seu agradecemento ao Grupo Correo Gallego e en particular a Caetano Díaz, director de Galicia Hoxe, por facilitaren a reprodución deste e doutros números de "Revista das Letras". O agradecemento diríxese tamén a Antón R. López e Montse Dopico, coordinadores do suplemento, e faise extensivo aos xornalistas, técnicos e colaboradores do mesmo.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org