Análise temática dos seis poemarios galegos que Aquilino Iglesia Alvariño publicou en vida. O estudo permite concluír que no primeiro deles, Señardá (1930), xa aparecen enunciados os temas fundamentais que desenvolverá nos seguintes: a natureza, o amor, a palabra poética, o tempo, a soidade e a morte. Descríbese tamén como vai mudando a modulación destes temas, cun progresivo aumento da gravidade e o ton reflexivo. Finalmente, conclúese que o estudo demostra tamén como a obra poética aquiliniana é expresión plena da súa identidade biográfica.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org