Xosé Manuel Dasilva intenta completar con este artigo o estudo da difusión da literatura galega en Portugal. Se en anteriores investigacións abordara a divulgación a través da lingua orixinal, agora trátaa a través da tradución ao portugués. Exemplo desta última posibilidade é o poema "O gaiteiro" de Rosalía de Castro.
Dasilva repasa o espallamento de Rosalía de Castro en Portugal e comenta a que -probablemente- é a primeira tradución dun texto rosaliano ao idioma luso. Finalmente, contextualízase esta tradución de "O gaiteiro" no ámbito doutras linguas peninsulares.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org