Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Descrición: Antoloxía conmemorativa do X Festival da Poesia no Condado celebrado en Salvaterra de Miño os días 15 e 16 de setembro de 1990. O prólogo do volume vai asinado por Antón Reixa co título "A poesía como cousa de comer", e a nómina de poetas participantes é a seguinte: Manuel María, Margarita Ledo Andión, Júlio Béjar, Bernardino Graña, Marta Costa, Refael Vilhar, Miro Villar, Calros Manoel Solla Varela, Darío Xohán Cabana, Xela Arias e Miguel Anxo Fernán-Vello (Galiza); Imanol Irigoien Aranberri e Edorta Jimenez Ormaetxea (Euskadi); María Olear i Font e Josep Igual (Països Cataláns); José Viale Moutinho e Rui Duarte Mangas (Portugal). Pecha o volume un texto de X. A. Suárez ("Dez voces para unha década"), que repasa os dez anos de celebración do evento a partir de distintos extractos seleccionados dos prólogos das antoloxías precedentes. O deseño foi realizado por Pepe Carreiro.

Metadatos: Festival da Poesia no Condado; Reixa, Antón; Manuel María; Ledo Andión, Margarita; Béjar, Júlio; Graña, Bernardino; Costa, Marta; Villar, Rafa; Villar, Miro; Solla, Calros; Cabana, Darío Xohán; Arias, Xela; Fernán-Vello, Miguel Anxo; Irigoien Aranberri, Imanol; Jiménez Ormaetxea, Edorta; Olear i Font, María; Igual, Josep; Viale Moutinho, José; Duarte Mangas, Rui; poesía e compromiso; poesía e política; poesía e oralidade; poesía e identidade; SCD Condado.

Observacións:

O equipo de poesiagalega.org fai constar o seu agradecemento á Sociedade Cultural e Desportiva do Condado, pola súa disposición e axuda para a incorporación a este repositorio dixital de distintos materiais relacionados co Festival da Poesia no Condado.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org