Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Reseña do libro de Carlos Lema (1958) O xeito de Freud (2008), XI Premio de Poesía Johán Carballeira. A reseña céntrase na polaridade que o propio libro formula como discurso entre a meditación e a exhortación moral. Parte de declaracións do autor sobre a súa comprensión da poesía en tanto movemento dirixido ao que foi postergado ou perdido nalgún lugar do tempo, o cal enténdese en simultaneidade como reduto non inventariado pola linguaxe. A invitación do libro consiste en concretar unha hermenéutica dos restos e do esquezo para nese lugar incorporar a idea freudiana do "recordo encubridor". Segundo o crítico, Carlos Lema proporía no seu libro unha traslación desa tarefa á lectura, polo que O xeito de Freud podería lerse tamén como un ensaio sobre a lectura.

Bibliografía secundaria sobre:
Lema, Carlos; O xeito de Freud.
 
casas_2009_lema.pdf (.pdf 332 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org