Presentación da vida e da obra de Eduardo Pondal en forma de limiar a unha antoloxía bilingüe galego-ruso da súa produción poética. Ofrécense datos biográficos básicos como os referidos á posición familiar, os estudos universitarios de Medicina, as afinidades políticas, as lecturas que deixaron pegada na concepción do labor literario, a clase de vida que gozou como fidalgo radicado nas propiedades familiares bergantiñás, as amizades e afinidades culturais e a súa saúde mental nos derradeiros lustros de vida. Pásase revista igualmente a algúns dos asuntos problematizados pola crítica recente: a complexa tarefa de edición da súa obra (en particular d'Os Eoas), as relecturas feministas da súa produción máis abertamente misóxina ou violenta, as concepcións míticas de base, a creación dunha linguaxe poética, o pulo para un proxecto iberoamericanista que Galiza estaría en condicións de liderar en termos culturais e políticos, a confluencia de referentes celtistas e helenistas ou a súa intervención efectiva na vida pública do seu tempo.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org