Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Artigo relativo á poética e á personalidade de Manuel Leiras Pulpeiro, a quen a Real Academia Galega dedicara nese ano de 1983 o Día das Letras. Carvalho Calero concentra a súa atención inicial no aspecto físico e na semblanza ética e civil do médico e poeta mindoniense, nas súas conviccións republicanas e na marca filantrópica e anticlerical das súas posicións e da súa praxe como profesional e como cidadán. Traza algunhas comparacións con outros poetas e escritores galegos e pregúntase sobre as razóns polas que algúns deles parecerían demandar un tratamendo distintivo (o de "don", por exemplo) e outros non. Unha das chaves manexadas polo crítico é a da profesión médica nunha vila como o Mondoñedo do século XIX, onde Leiras Pulpeiro foi home tan popular como respectado. Polo carácter da súa produción poética, Carvalho dedica a súa reflexión a estabelecer algúns paralelos con Rosalía de Castro (autora doutros cantares gallegos de traza igualmente popular) e con Eduardo Pondal (como Leiras, poeta tamén moi atento á tradición clásica e cunha posición ideolóxica comparábel á do médico mindoniense). Na lectura de Carvalho Calero, a poesía do autor homenaxeado caracterizaríase por unha singular relación entre o que denomina "enlevo vocabular" e rítmico da súa dicción e o realismo da súa poética, esa difícil combinatoria que orixina unha dignidade discursiva que paradoxalmente asenta no dialectal e no popular. Finalmente, xúlgase a través da lectura crítica dalgúns poemas a dimensión estética de Leiras Pulpeiro e conclúese que para ser un dos poetas maiores da literatura galega só lle faltou a vontade de querer selo.

 
carvalho_1983_leiras.pdf (.pdf 664 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org