Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Méndez Ferrín, Xosé Luís (2011)
"Limiar" [ao libro inédito de Gonzalo López Abente Bretemada 1917-1922, 2011]
En Gonzalo López Abente.
Bretemada 1917-1922 [libro inédito]: pp. 11-13.
Santiago de Compostela: Alvarellos Editora / Fundación Gonzalo López Abente.

O autor do limiar sitúa a Gonzalo López Abente como un escritor de primeira fila dentro da xeración Antre Dous Séculos, alude á súa recepción entre os galeguistas de posguerra e recorda a lectura do poemario Centileos nas ondas.

Despois de tratar os datos biográficos máis relevantes do muxián (orixe, familia, viaxes, estudos, profesión, participación nas Irmandades da Fala e na prensa), coméntase o seu labor literario, sobre todo no xénero poético. Destácase, neste terreo, a súa experiencia clásica paneuropea para o completamento do sistema de recursos e o uso das falas vivas.

Finalmente, Méndez Ferrín indica aqueles elementos que separan a López Abente dos seus coetáneos e incide nos trazos da súa obra poética.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org