Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Rodríguez, Luciano (2003)
"Cotián e transcendente" [recensión do libro de Xavier Seoane Dársenas do ocaso, 2002]
Grial: 159, pp. 99-100.

Lémbrase a amplitude da obra poética de Xavier Seoane que se iniciara con Caluga do paxaro (1979) e fora compilada no ano 1999 en Don do horizonte. Luciano Rodríguez ve neste Dársenas do ocaso, I Premio de Poesía Caixanova, unha nova faceta na súa traxectoria, obra de madureza. Dise que a forza do poemario radica na procura do autocoñecemento a partir da observación das paisaxes exteriores. Debúllanse por último as tres seccións do libro, desde a descrición de paisaxes e actividades dun porto, ás voces da vivencia interior, chegando tamén á recreación de figuras históricas, lendarias. Péchase comentando o bo oficio da poesía do libro, a súa variedade formal e as temáticas oscilantes entre o cotián e o transcendente.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org