Coméntase a oportunidade de atesourar os versos dun autor imprescindible na literatura galega a partir destes Vinte cadernos, que compilan a súa obra poética desde 1969 ata 2002. Aclárase que non se trata dunha obra completa, porque foron escollidos polo autor entre toda a súa produción e porque non ten pensado deixar de escribir, e recoméndase así mesmo a lectura do prólogo de Moncha Fuentes Arias. Dise que a partir do prólogo e da lectura do volume poden percorrerse os itinerarios poéticos de Darío Xohán Cabana, desde a poesía iniciática que comeza con Verbas a un irmao (1970), á máis política de Mortos porque Galicia viva (1974), pasando por versos de amor á súa parella en Ábrelle a porta ao día (1981) e obras de madureza como Patria do mar (1989).
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org