Coméntanse os valores da Obra poética completa de Antón Avilés de Taramancos, publicada por Espiral Maior, dentro da cartografía de estudos e edicións da obra do autor orixinada co gallo da conmemoración do Día das Letras Galegas 2003. Entre eses puntos de forza destacan as seccións "Obra poética dispersa" e "Obra poética inédita". Así mesmo, sublíñanse temáticas e constantes da súa obra, como a poesía política, o telúrico, o mar e o amor. Remátase dicindo que a voz de Avilés quixo inserirse nunha tradición e nun pobo, coa rosa e coa espada.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org