Reflexión sobre a utilidade e a vixencia da poesía, así como sobre a necesidade do ser humano de medrar non só no eido do científico senón tamén no eido filosófico, moral, estético. Abundan as citas de poetas de variadas épocas e latitudes combinadas con algunha referencia a científicos e pensadores. Entre as afirmacións que se esgrimen para cimentar a idea de que o ser humano precisa da poesía atópanse por exemplo a de que a poesía implica unha plenitude de conciencia, que transforma a persoa, que é perigosa para o Poder polo seu signo incontrolable, que evita a cousificación do home ou que, a día de hoxe, non se atopa radicalmente separada da ciencia como noutrora, senón que están conectadas.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org