Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Alúdese ao gran "valo poético" que constrúe Méndez Ferrín dende 1957 e coméntase a estrutura do poemario recensionado, así como os paratextos. Segundo Iago Castro, na primeira parte de Contra Maquieiro invócase a razón para revisar o século XX e descubrir o que representa Maquieiro; na segunda mestúranse planos espazo-temporais próximos e afastados; na terceira, e tras o desdobramento do eu autorial, faise máis preciso o lirismo do poeta nunhas referencias coñecidas; xa na cuarta sobresae o humor, a polifonía e a alteridade. Conclúese cunha valorización da palabra poética de Ferrín.

 
castro_2005_ferrin.pdf (.pdf 333 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org