Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Ferreiro, Manuel (2003)
"Para a historia d'Os Eoas. Un poema épico fundacional no labirinto das indecisións"
En Maria do Amparo Tavares Maleval e Francisco Salinas Portugal (orgs.).
Estudos Galego-Brasileiros: pp. 161-192.
Rio de Janeiro: Editora H. P. Comunicação.

Os Eoas constituíu o cerne da permanente obsesión creativa de Eduardo Pondal. Foi iniciado nos primeiros anos de vida literaria do escritor co propósito de que se consolidase como o poema épico de referencia fundacional para a "nova" literatura galega que daquela estaba a rexurdir. Pondal tivo sempre presente nese plano un correlato funcional co que Os Lusíadas representara para a literatura portuguesa. As súas propias declaracións, así como as referencias públicas e privadas dos seus contemporáneos, dotaron ao poema épico dunha auréola mítica que se consolidou e acrecentou ao longo do século XX polo feito de aparecer Os Eoas como a grande obra inacabada da literatura galega, a obra definitiva que nunca chegara a ver a luz. As causas aducidas polos investigadores aluden a diferentes criterios. Entre eles, o perfeccionismo estilístico e lingüístico de Pondal, unha conciencia crecente do posíbel anacronismo histórico da súa obra, motivos ideolóxico-identitarios e outros. O estudo revisa con sentido crítico estas propostas e documenta o longo proceso creativo do poeta bergantiñán.

 

 
ferreiro_2003_eoas.pdf (.pdf 498 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org