Inicialmente alúdese á afortunada recepción da obra de Manuel Curros Enríquez en vida do poeta, ao esquecemento e desdén nos comezos do século XX e á revalorización a mediados da mesma centuria. Segundo Ramón Gutiérrez Izquierdo, nesas aproximacións o poeta carecería de forza expansiva. Con todo, considérase que o poema "A Rosalía" mostra outra panorámica da súa obra.
A continuación Gutiérrez Izquierdo céntrase no poema dedicado a Rosalía de Castro, indica o valor que tivo, analiza o seu carácter canónico e ofrece unha lectura textual e intertextual. Para o autor, Curros combinaría nese texto a emoción do romanticismo e a dimensión social baixo unha capa simbolista.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org