O artigo debuxa con numerosos datos as coordenadas histórico-literarias nas que aparece o neotrobadorismo, centrándose na poesía de Fermín Bouza Brey. Para iso, comeza por documentar a difusión da lírica medieval galego-portuguesa na Galicia do primeiro terzo do século XX, en relación co seu encaixe cos intereses ideolóxicos do nacionalismo galego. A seguir, analízase a posibilidade de que a boa acollida que tivo o neotrobadorismo nese momento se puidese deber ao feito de ser unha alternativa poética ás vangardas, moderna e galega a un tempo. O artigo remata cunha sintética valoración da pegada real dos cancioneiros medievais na poesía de Bouza Brey.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org