Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Villar, Miro (2010)
"Meu corazón, branca vela" [recensión do libro de Manuel Fabeiro Gómez Quechemare da saudade, 2010]
Grial: 187, pp. 92-93.

Recensión de Quechemare da saudade, de Manuel Fabeiro Gómez, un dos poetas menos coñecidos da Xeración do 36, en edición de Xavier Castro Rodríguez, libro que moitos estudos literarios daban por desaparecido e adoito era citado polos poemas que o seu autor adiantara nas publicacións periódicas da época, galegas como Tapal ou da diáspora como Eufonía (Bos Aires, 1958-1959). Salíentase a exhaustiva análise dos 55 poemas que integran o Quechemare da saudade, coas anotacións eruditas e rigorosas de Xavier Castro. Deseguida anótase a primeira parte, “Poemas do noso mar”, intimamente relacionados coa vida mariñeira. “Meu corazón, branca vela” é o epígrafe da segunda que debe ser lida coma un único e longo poema de xinea amorosa. “Cachenos do poema do guieiro” é a terceira, escrita na morte de Castelao, e a última “Arbres dun día”, unha miscelánea de versos, os máis deles enraizados na poesía popular ou en diálogo coas poéticas canonizadas de Rosalía, Curros, Pondal, Cabanillas ou Manuel Antonio, onde salienta o poema final “Quechemare da saudade” que pretende dar respostas ás preguntas existenciais.

 
villar_2010_fabeiro.pdf (.pdf 336 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org