Descrición: Antoloxía conmemorativa do XVIII Festival da Poesia no Condado, convocado sob o lema "Em defesa das liberdades" e celebrado en Salvaterra de Miño do 2 ao 4 de setembro de 2004. O prólogo do volume vai asinado por Suso de Toro, e a nómina de poetas participantes é a seguinte: Artur Alonso Novelhe, Xosé María Álvarez Cáccamo, Marica Campo, Ana Belén Fernández, Carlos Figueiras, Antom Garcia Matos, Brais González Pérez, María Lado, Miguel Anxo Mato, Carlos Quiroga, Paula San Vicente e Marga do Val (Galiza); José Luís Peixoto, Valter Hugo Mãe e Jorge Reis-Sá (Portugal); Sonia González (Euskadi) e Ondjaki (Angola). O deseño e a maquetación do libro foron realizados por Carlos Quiroga, traballo para o que contou con fotografías propias.
Metadatos: Festival da Poesia no Condado;
Alonso Novelhe, Artur;
Álvarez Cáccamo, Xosé María;
Campo, Marica;
Fernández, Ana Belén;
Figueiras, Carlos;
Garcia Matos, Antom;
González Pérez, Brais;
Lado, María;
Mato, Miguel Anxo;
Quiroga, Carlos;
San Vicente, Paula;
Val, Marga do;
Peixoto, José Luís;
Mãe, Valter Hugo;
Reis-Sá, Jorge;
González, Sonia;
Ondjaki;
poesía e compromiso;
poesía e política;
poesía e oralidade;
SCD Condado.
Observacións: O equipo de poesiagalega.org fai constar o seu agradecemento á Sociedade Cultural e Desportiva do Condado, pola súa disposición e axuda para a incorporación a este repositorio dixital de distintos materiais relacionados co Festival da Poesia no Condado. Para este volume de 2004 foi imprescindíbel tamén a colaboración de Carlos Quiroga.