Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Villar, Miro (2010)
“Xoán Carlos Domínguez Alberte: Incivil”.
A Trabe de Ouro: 81, pp. 121-124.

Recensión do libro Incivil, de Xoán Carlos Domínguez Alberte, cuxa primeira parte, “De memoria”, xunta once poemas que teñen como fío a lembranza dos anos inmediatos da guerra e da posguerra, sobre todo a represión nas súas múltiples formas e a memoria dos desaparecidos, así como a resistencia antifranquista. Na segunda parte, “Eles”, e a terceira, “Elas”, individualízanse algúns dos represaliados na comarca natal do autor. “A loita continúa” xunta novos poemas que se pechan con “Incivil” e cunha paráfrase de “Onde o mundo se chama Celanova”. Un apéndice final ofrécenos información sobre os lugares da represión e os nomes dos represaliados, no ronsel dos últimos traballos de investigación da memoria histórica ou da memoria republicana.

Bibliografía secundaria sobre:
Domínguez Alberte, Xoán Carlos; Incivil.
 
villar_2010_incivil.pdf (.pdf 350 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org