Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Villar, Miro (2010)
"Unha revista artística e literaria, galega e universal" [recensión do facsimilar de Ronsel. Revista de Arte]
Grial: 185, pp. 96-98.

Recensión da cuarta edición da revista Ronsel, pois á orixinal de 1924 hai que engadir o "Número conmemorativo del cincuentenario de su publicación. 1924-1974", datado en Lugo o 15 de xaneiro de 1975, e a reimpresión realizada en 1982 por Sotelo Blanco. Ronsel. Revista de Arte, dirixida por Evaristo Correa Calderón, con Álvaro Cebreiro de director artístico e Álvaro Gil de secretario de redacción, editou en Lugo seis números entre maio e novembro de 1924. Estaba vinculada ao galeguismo político e nela aparecen textos emblemáticos da nosa literatura, pero tamén doutros discursos literarios europeos, sobre todo do portugués, até o punto de que se adoita cualificar como unha revista de vangarda, denominación que aquí se cuestiona para unha publicación que no primeiro número se definía como "revista ecléctica", e que axiña mudaría o subtítulo de Revista de Arte polo máis acaído de Revista de la nueva generación gallega.

Bibliografía secundaria sobre:
Ronsel; Sotelo Blanco.
 
villar_2010_ronsel.pdf (.pdf 349 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org