Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Artigo no que se intenta un achegamento á incomprensión padecida por Rosalía de Castro na súa época por ser muller e escribir. Alúdese, en primeiro lugar, ás dificultades do oficio de escritora e á influencia que puido exercer Manuel Murguía na súa obra e, a continuación, revísanse as lecturas máis ou menos interesadas que se fixeron da poeta. Para Queizán, a imaxe de Rosalía máis adecuada á súa época foi aquela elaborada por Manuel Curros  no século XIX, por Juan Ramón Jiménez no XX e, recentemente, polas mulleres porque é entre elas onde aparecen lectoras desmitificadoras e cómplices da autora. Conclúese considerando xusto e didáctico que os estudos sobre Rosalía non esquezan os seus padecementos.

 
queizan_1994_rosalia.pdf (.pdf 1.0 Mb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org