Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Cibreiro, Pilar (1987)
[Autopoética sen título]
O vasalo da armadura de prata: pp. 7.
Santiago de Compostela: Sotelo Blanco Edicións.

Breve apuntamento de natureza autopoética que precede aos poemas do libro O vasalo da armadura de prata, volume 13 da colección Leliadoura. Pilar Cibreiro, que publicaría sete anos despois na mesma colección Feitura do lume, asocia a escritura poética a unha vivencia da estranxeiría, a un experimentar a impresión da soidade dos exilios, tanto na vida daquel momento, en Madrid, como nunha etapa anterior no rural galego. Malia isto, a descrición autopoética oriéntaa a autora a un canto non nostálxico da harmonía lembrada, en relación co cal destaca a función asignada á lingua. O emprego do galego como vehículo de expresión literaria, novidoso na altura para a poeta, potenciou segundo a súa percepción a capacidade de renunciar a todo artificio e, en especial, a posibilidade de reaprender a escribir, medrando en simultaneidade os rexistros expresivos e a experiencia do real vivido ou recordado.

Bibliografía secundaria sobre:
Cibreiro, Pilar.
 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org