A recensión comeza contextualizando o poemario tanto no conxunto da produción de Paulino Vázquez coma na doutros autores da xeración poética dos 80. A seguir, e a partir da premisa do suposto hermetismo da poesía de Vázquez, Casas debulla as características da proposta estética do poeta: intertextualidade, sensualidade, decadentismo e modernismo, reflexión sobre o tempo e sinuosidade do verso. Conclúese o comentario cunha serie de consideracións sobre o hipotético estancamento da poesía galega tras o deslumbramento das primeiras obras dos poetas dos 80, sobre a súa discutida condición de xeración e sobre a súa poderosa capacidade de renovación da linguaxe poética galega.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org