Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Grupo Surrealista Galego (2011)
Xalundes [Presentación do Grupo Surrealista Galego]
10 minutos e 6 segundos





Descrición: Vídeo de presentación do Grupo Surrealista Galego, dispoñíbel no blog propio, Xalundes, desde o 15 de xuño de 2011. Forman o GSG: Xoán Abeleira, François Davó, Alfredo Ferreiro, Gabriel Ferreiro, Tono Galán, Xesús González Gómez, Tati Mancebo, Begoña Pastoriza, Begoña Paz, Xiana de la Peña, Alba Torres e Ramiro Torres.

Tipo de video: Vídeo creación

Fonte: Vimeo

Metadatos: surrealismo; grupos; Abeleira, Xoán; Davó, François; Ferreiro, Alfredo; Ferreiro, Gabriel; Galán, Tono; Mancebo, Tati; Pastoriza, Begoña; Paz, Begoña; De la Peña, Xiana; Torres, Alba; Torres, Ramiro.

Observacións:

Texto da presentación do Grupo Surrealista Galego, da autoría de Xoán Abeleira e publicado en Xalundes o 17 de xaneiro de 2011:

QUE É, QUÉ NON É O GSG

O Grupo Surrealista Galego non é un grupo de parvos. O Grupo Surrealista Galego non é un grupo de ilusos. O Grupo Surrealista Galego coñece perfectamente ben a implicación ética e artística que entraña definirse como tal. O Grupo Surrealista Galego sabe que pra “cambiar a [súa] vida” cada persoa debe denantes ou asemade cambiarse a si mesma. E que, pra axudarnos a acadar ese labor principal da nosa existencia, o Surrealismo foi e segue a ser un campo de enerxías IMPRESCINDIBLE. Secasí… O Grupo Surrealista Galego é, irrazoable e irrefreable mente, nada máis [pero moito máis] ca un grupo de creadoras e creadores galegos, cunha única premisa, polo de agora: abrirse a todos aquiles individuos e colectivos que vexan na palabra “surrealista” un espírito aínda vivo e transformador, e non, como quere facernos crer o sistema capitalista, un sinónimo do seu absurdo. Non queremos ser “dogmáticos” mais tampouco traidores. Por iso estamos dispost@s a aceptar e pendurar todas aquelas creacións, de calquera tipo, leais ó que amamos pero ningunha que deturpe aquilo que di amar. Polo demais, como non somos nin parvos nin ilusos senón temible mente lúcidos, sabemos, abofé, que no tocante ó Surrealismo ninguén pode aspirar a nada agás a devir algún día surrealista.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org