O suplemento combina materiais de tipo xornalístico con outros propiamente ensaísticos e críticos. Xosé Luís Méndez Ferrín abre a publicación facendo un repaso do nacemento e do desenvolvemento do Día das Letras Galegas. Os textos de aspiración hermenéutica están asinados por Armando Requeixo, Laura Caveiro, Héitor Mera e Román Raña. Son achegas que se complementan na súa atención a distintos aspectos da poética de Pereiro: as referencias culturais incorporadas á súa obra, a proposta estética ou a recepción. Lourdes Varela, pola súa parte, reconstrúe a traxectoria vital do autor homenaxeado a partir das entrevistas realizadas ao seu irmán Xosé Manuel e a un dos seus biógrafos, Antón Lopo. Complétase o suplemento coa inclusión de catro breves reseñas sobre publicacións aparecidas en 2011. Van asinadas por Xosé Feixó (sobre a Poesía completa), Rocío Moar Quintela (sobre Lois Pereiro. Náufrago do paraíso, de Marcos Calveiro), Dolores Martínez Torres (sobre Náufragos do paradiso) e Dorinda Castro Souto (sobre A palabra exacta, de Antón Lopo).
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org