Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Gómez-Montero, Javier (2004)
"O paradigma galego nunha cartografía identitaria da poesía na península Ibérica: máis alá de minorización e normalización, entre resistencia e institucionalización"
Anuario de Estudios Literarios Galegos: 2002, pp. 221-240.

O artigo ábrese cunha síntese das bases metodolóxicas propostas por González-Millán para o estudo das literaturas subalternas (e, en concreto, para a galega) das que o autor se valerá para describir as diferentes articulacións que na poesía galega se foron dando da nación dende os textos fundacionais do XIX, inspirados no paradigma romántico, ata as formulacións postutópicas e posmodernas, pasando pola nación resistente do franquismo. O proceso exemplifícase por medio da interpretación hermenéutica dunha serie de poemas que se presentan como ilustrativos de como se plasmou na literatura galega a cuestión da identidade.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org