Este artigo de Xosé María Álvarez Cáccamo analiza a evolución da poética de Bernardino Graña centrándose en dous aspectos fundamentais da mesma: o peso que nela teñen os elementos ético-cívicos (moitas das composicións do poeta cangués son alegatos contra a globalización, a industrialización e o pensamento único) e a importancia do elemento amoroso (que se fai patente a través do erotismo ou a través da dor pola perda dunha relación, mais que sempre constitúe un elemento transformador).
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org