Recensión do poemario Refutación da musa de Manuel Forcadela publicado por Espiral Maior, interpretado como un universo concentrado de referencias metaliterarias e míticas no que o poeta reflexiona sobre a pegada da herdanza da cultura occidental na creación artística. A conciencia da perda do ideal clásico sería determinante na formación do suxeito autoconsciente contemporáneo, coa perda de inxenuidade que iso implica. A ironía como rexistro do eu lírico revélase así como a máis lúcida posición fronte á evidencia de ambas perdas.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org