O estudo observa a inexistencia dunha obra teórico-crítica sobre a estilística da lingua galega e fíxase o obxectivo de sentar as bases teóricas para a súa elaboración. Analízase o concepto de estilo e algunhas focaxes da estilística, centrando a atención na estilística lingüística e na relación entre lingua literaria, lingua nacional e estilo, coa obra de Manuel María como base. En segundo lugar, documéntanse algúns trazos de estilo na obra deste autor pertencentes ao ámbito da estilística da palabra (substantivos, adxectivos, pronomes e verbos; a tonalidade emotiva das palabras; as relacións semánticas) e ao ámbito da estilística sintáctica. Conclúese que na produción de Manuel María domina un estilo de base popular proclive á sinxeleza e á repetición como elementos básicos, para a partir de aí incorporarse expresivamente diversas gamas de recursos que a lingua contén en diferentes planos. A riqueza lingüística e a variedade expresiva converten a Manuel María nun dos construtores do galego literario moderno.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org