Descrición: Vídeo que recolle unha comunicación de Martín Veiga sobre a poética de Xavier Queipo. O autor reflexiona sobre a introdución de terminoloxía e modalidades discursivas propias do ámbito científico na obra de Queipo, facendo especial referencia ao libro
Glosarios (2004) e ao tipo de poemas que Veiga designa como "poemas-inventario". A análise de carácter estilístico e formal combínase con referencias á traxectoria literaria de Queipo e a distintas liñas hermenéuticas que permite o conxunto da súa obra. A comunicación foi presentada no
I Congreso Internacional sobre Discursos Non Líricos na Poesía Contemporánea (Vigo, 26 e 27 de abril de 2011).
Tipo de video: Vídeo informativo
Fonte: UVigo Televisión
Metadatos: Queipo, Xavier;
Nos dominios de Leviatán;
Glosarios;
poesía e ciencia;
posmodernidade;
experimentalismo;
poema-inventario.